Sede electrónica Concello de Carnota

17:33:53 Sábado 25 de xaneiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta e modificacións padronais

O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.

Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de datos no rexistro de habitantes do municipio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instrucións.
  • Xustificante da propiedade/arrendamento do inmoble. Copia da escritura de propiedade / contrato de arrendamento do inmoble no que se solicita o empadroamento / contrato de subministración dun servizo da vivenda (auga, gas, electricidade, teléfono, etc.).
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade, aportar copia do libro de familia para xustificar a relación de parentesco.
  • Autorización do empadroamento. No caso de querer formalizar o empadroamento na vivenda allea, o propietario da mesma, o ben o arrendatario, debe autorizar dito empadroamento.
  • No caso de menores, declaración responsable de proxenitor para inscrición ou cambio de domicilio de menores non emancipados no padrón municipal.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.

Unidade tramitadora:
Departamento de Estatística.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física o xurídica

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.